InicioDeportesCervo mellorará as instalacións deportivas do encoro de Riocobo para aumentar as...

Cervo mellorará as instalacións deportivas do encoro de Riocobo para aumentar as actividades deportivas nese espazo

Na actualidade adestra en Riocobo con regularidade o Club de Piragüismo San Cibrao. O club conta coa cesión de dous habitáculos situados na parcela á beira do embalse, que utiliza como almacén para o seu equipamento, así como vestiarios e unha pequena oficina para acometer diferentes trámites administrativos.

Publicada o

- Advertisement -

O rexedor Alfonso Villares mantivo unha reunión o pasado mércores con Alfredo Bea e Martín Carballo, Presidente e Delegado da Federación Galega de Piragüismo, xunto con Manuel Gómez, representante do club local C.D. San Cibrao, para abordar a mellora das infraestruturas deportivas do encoro de Riocobo.

Neste encontro tratáronse diferentes fórmulas, que teñen como obxectivo dotar á localización dunhas instalacións que permitan, por un lado, facilitar os adestramentos aos deportistas que xa utilizan o embalse de xeito habitual, e por outro, ter capacidade de atracción para que novos padexeiros queiran exercitarse nel.

Na actualidade adestra en Riocobo con regularidade o Club de Piragüismo San Cibrao. O club conta coa cesión de dous habitáculos situados na parcela á beira do embalse, que utiliza como almacén para o seu equipamento, así como vestiarios e unha pequena oficina para acometer diferentes trámites administrativos. Nestes intres o club local xa conta con máis de 50 padexeiros e padexeiras, que se reparten nas diferentes categorías de base.

Sinala o alcalde Alfonso Villares que “a mellora de infraestruturas deportivas no encoro de Riocobo sería un pulo para este deporte no noso municipio e na comarca, posto que se trata dun sitio privilexiado para esta práctica deportiva que, nas condicións axeitadas, poderíase converter no epicentro do piragüismo da Mariña”.

Engadiu o rexedor que “desde o Concello de Cervo queremos apoiar a un club que traballa a base e pretende consolidarse, como é o C.D. San Cibrao” e subliñou que “desde o noso equipo de goberno apostamos decididamente pola práctica deportiva, e imos traballar decididamente para mellorar as infraestruturas dentro do noso municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...