InicioDeportesA CAMOVI 'Gran Premio Xacobeo' discorrerá de novo polos montes de Viveiro...

A CAMOVI ‘Gran Premio Xacobeo’ discorrerá de novo polos montes de Viveiro durante esta fin de semana

Ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira por montaña Camovi ‘Gran Premio Xacobeo’. Nesta edición, ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional.

Na presentación da proba, celebrada esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.

“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou.

“O fomento do deporte e os hábitos de vida saudables son unha prioridade para o noso concello, e a Camovi é ademais unha fantástica maneira de que milleiros de persoas coñezan a beleza dos nosos montes e da natureza que rodea Viveiro, uns paraxes únicos que os que participan na proba poden disfrutar de primeira man”, engadiu.

“Estou convencida de que a Camovi será un éxito e desde o Concello de Viveiro seguiremos facendo todo o que esté da nosa man para apoiar esta carreira e impulsar o deporte en todas as súas modalidades”, rematou Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...