InicioDeportesO Pescados Rubén FS resolve o derbi de Noia cun gran primeiro...

O Pescados Rubén FS resolve o derbi de Noia cun gran primeiro acto

O conxunto burelés segue líder invicto e ten unha renda de once puntos sobre o Soliss Talavera, o último equipo que se clasificaría para o play off

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS segue á fronte da Segunda División despois de derrotar a domicilio ao Noia Portus Apostoli (2-9).

O cadro que adestra Juanma Marrube conserva dous puntos de vantaxe sobre o Betis, que padeceu para gañar ao Elche (3-4) cun gol de Burrito a seis minutos para o desenlace.

O equipo laranxa resolveu o derbi galego nunha primeira metade imperial.

O cadro burelés xa gañaba por 0-2 no minuto 8 -con tantos de Renato e Pope– e anotou tres máis -obra de Juanfran, Matamoros e Vargas– entre o 15 e o 19, para deixar o encontro visto para sentenza antes do descanso.

Os locais tiveron as súas opcións con ata tres dobres penaltis, dous dos cales resolveu Edu. Noutro, Quilez rematou fóra.

O conxunto mariñao non veu perigar en ningún momento a vitoria, e na segunda parte aínda ampliaría a renta final a sete tantos.

Vargas e Matamoros -que marcaron por partida dobre- e Lucho anotaron as dianas dos visitantes, que aproveitaron tamén un erro de Juan Puertas, que perforou a súa propia portería.

O ELCHE, VINDEIRO RIVAL NA CASA

O Pescados Rubén Burela segue invicto na categoría de prata despois de 13 xornadas. A falta de dous partidos para rematar a primeira volta da competición, os de Juanma suman xa 11 puntos de vantaxe sobre o último equipo que xogaría o play off de ascenso, o Soliss Talavera.

O cadro burelés medirase o venres 14 (20.30 horas, Vista Alegre) ao Elche, noveno clasificado, que ten 18 puntos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...