InicioDeportesO Burela FSF refaise da derrota en La Estación e tomba ao...

O Burela FSF refaise da derrota en La Estación e tomba ao Alcorcón

A intensidade devolve ás locais, que marcaron no minutos 1 e 21, ao camiño da vitoria

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF refíxose da derrota contra o Atlético Futsi Navalcarnero cunha contundente vitoria (5-1) ante o Alcorcón.

O cadro burelés segue líder da Liga Foro 16 Feminismo, cunha traxectoria case impecable -leva 30 puntos de 33 posibles- e un tanto de vantaxe sobre o Futsi, que derrotou a domicilio ao terceiro clasificado, o Penya Esplugues (2-3).

A intensidade no inicio do primeiro e segundo tempo valeu ouro para o cadro que preparan Julio Delgado e Lucas diante dun rival con varias xogadoras internacionais, como a porteira Belén, a peche Isa García ou a pivote Vane Sotelo.

Dany anotou o 1-0 no minuto 1 e Jenny -que marcara o 2-0 no 8- anotou o 3-0 aos poucos segundos de comezar a segunda metade. Dous tantos psicolóxicos que desequilibraron o encontro.

Co 3-1, obra de Paula Llorente no minuto 26, o conxunto madrileño apostou polo xogo de cinco, que o Burela FSF soubo conter. Peque demostrou a súa intelixencia ao aproveitar dous roubos de balón, ambos no 31, para completar o resultado de 5-1 a prol das locais.

VINDEIRA XORNADA

O Burela segue co seu peculiar ‘Tourmalet‘ de final de ano, pois despois de medirse a Atlético e Alcorcón, dous dos rivais máis potentes da Liga, desprazarase na vindeira xornada á pista dun dos dous equipos que non coñecen aínda a derrota, o Ourense Envialia.

O cadro ourensán chega ao derbi galego a cinco puntos das burelesas, na cuarta posición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...