InicioDeportesViveiro será o epicentro do pádel na Mariña durante esta semana

Viveiro será o epicentro do pádel na Mariña durante esta semana

Na presentación do campionato participaron esta mañá a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle desde mañá e até o domingo, día 11 de setembro, o I Torneo de Pádel Concello de Viveiro.

Na presentación do campionato participaron esta mañá a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.

Haberá varias categorías: Primeira Masculina; Segunda Masculina; Iniciación; Mixta, e Feminino. Ademais, o evento, nas pistas de Area, contará con DJ, speaker, sorteos e máis sorpresas.

“O pádel é un deporte en alza moi practicado por persoas por todas as idades, polo que desexamos que sexa a primeira de moitas edicións deste torneo”, asegurou a alcaldesa María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...