InicioDeportesO Burela FS supera ao Elche e segue invicto a un partido...

O Burela FS supera ao Elche e segue invicto a un partido de acabar a primeira volta

Os de Juanma conservan o liderado e dous puntos de renta sobre o Betis, que tamén gañou

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS mantén o liderado da Segunda División despois de gañar ao Elche (4-2).

O cadro burelés segue sen coñecer a derrota -suma dez vitorias e catro empates- despois de 14 xornadas disputadas, a unha soa do final da primeira volta.

O equipo que prepara Juanma Marrube conserva a vantaxe de dous puntos sobre o Betis, segundo clasificado, que deu unha mostra de forza ao golear (5-1) ao filial do Barcelona Lassa.

No derradeiro partido na casa en 2018, o conxunto laranxa tivo dificultades para abrir o marcador ante un rival serio e que tivo no porteiro Kike a un dos seus mellores valores.

No minuto 19, Matamoros disparou ao pau e poucos segundos despois, xa na conta atrás para o descanso, Hélder premiou a insistencia dos locais.

Lucho aumentou a renda do conxunto local á volta do descanso, cun tanto ao que Paco Morillas contestou no minuto 29. A resposta dos bureleses foi rápida: no 33, Ramón Vargas puxo de novo dous goles de diferenza no marcador.

Pero o Burela aínda tivo que sufrir para amarrar os tres puntos. Carlos Sánchez optou polo xogo de cinco e Juanito acadou o 3-2 a dous minutos para o desenlace.

O propio Juanito perdoou o 3-3 e aí morreron as opcións do cadro visitante. Matamoros gozou dun dobre penalti trala sexta falta do cadro ilicitano e sentenciou o encontro.

VINDEIRA XORNADA

O sábado 22, o Burela medirase ao Barça B no pavillón da Ciudad Deportiva Joan Gamper, desde as 16.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...