InicioDeportesDany comanda ao Pescados Rubén FSF, que solventa en Ourense outro reto...

Dany comanda ao Pescados Rubén FSF, que solventa en Ourense outro reto a domicilio

A pivote brasileira marca dous goles para o cadro burelés, que inflixe a primeira derrota do curso ao Ourense Envialia

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF continúa como líder da Liga Foro 16 Feminismo despois de solventar (0-2) un partido complicado na pista do Ourense Envialia, que non coñecía a derrota na presente tempada.

Agás a derrota en La Estación, o Burela FSF estase a mostrar sólido fóra da casa e gañou noutro desprazamento difícil despois de derrotar na súa pista ao vixente campión, o Jimbée Roldán.

O derbi galego da xornada comezou cun retraso de tres horas por culpa dunha goteira no pavillón dos Remedios.

O conxunto que adestran Julio Delgado e máis Lucas completou un partido serio ante un potente rival e levou os tres puntos grazas a dous tantos de Dany.

A pivote brasileira aproveitou unha asistencia de Peque no minuto 17 para abrir o marcador. A 3 do Pescados Rubén foi unha das xogadoras máis activas, cun disparo ao pau no minuto 5.

O Burela FSF tivo as mellores ocasións do encontro, pero atopouse coa categoría da veterana gardameta Vane. Ana Romero tamén demostrou a súa seguridade en varias oportunidades do Ourense, no que destacou a ex do Pescados Rubén Judith.

A falta de tres minutos, en desvantaxe, o Ourense Envialia tentouno con xogo de cinco, sen crear excesivo perigo. Ana Romero solventou a mellor oportunidade das locais e na mesma xogada Dany aproveitou os espazos para pechar o encontro co 0-2.

O FUTSI SEGUE FIRME

O Atlético Futsi Navalcarnero superou ao Poio Pescamar (6-4) e mantén a súa persecución das burelesas. O cadro madrileño é segundo a un só punto do conxunto laranxa.

VINDEIRA XORNADA

Na vindeira xornada, o cadro laranxa recibirá a visita do UCAM Murcia, sexto clasificado con 22 puntos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...