O Goberno revisará o acordo de Alcoa co comité de Cervo para ver se cumpre “ben” en materia de subministracións

A décima reunión de seguemento do acordo de Alcoa para a fábrica da Mariña saldouse co compromiso do Ministerio de Industria de "revisar" as subministracións para determinar se a empresa está a cumprir "ben" os termos alcanzados, que supuxeron a paralización da actividade e a previsión de rearranque en 2024.

Complexo de Alcoa en San Cibrao. AXM

décima reunión de seguemento do acordo de Alcoa para a fábrica da Mariña saldouse co compromiso do Ministerio de Industria de “revisar” as subministracións para determinar se a empresa está a cumprir “ben” os termos alcanzados, que supuxeron a paralización da actividade e a previsión de rearranque en 2024.

No relativo ás empresas exteriores, segundo informa o comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, “van un 7 % por encima do gasto que tiveran o ano anterior, por tanto están a cumprir”.

Tamén está “todo ok” en materia de investimentos, “salvo dous”: as barras de compensación e o forno de cocción. Ambas as cuestións, segundo lembrou o presidente do comité, José Antonio Zan, “están a negociarse en León” e a multinacional deu unha data para volver reunirse a semana que vén.

Pola súa banda, o comité reclamou unha reunión coa Xunta e co Goberno central para abordar “a modificación que hai do acordo”. E tamén quere verse co presidente galego, Alfonso Rueda, xa que considera “fundamental o seu apoio”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here