InicioEconomíaO BNG da Mariña presenta a súa campaña de apoio ao comercio...

O BNG da Mariña presenta a súa campaña de apoio ao comercio de proximidade e dos produtos galegos

“O sustentábel, o ecolóxico, o que de verdade xera riqueza e emprego aquí, o que mantén vivas e dinámicas as nosas cidades e vilas, é a producción propia, galega, a da nosa comarca e tamén as tendas e negocios do comercio de proximidade” manifestou o deputado Daniel Castro.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG vén de presentar en Mondoñedo a campaña “Mellor local, mellor galego” en apoio ao produto galego e o comercio de proximidade. Na presentación participaron o portavoz municipal Eloi Cabanas, o deputado mariñao Daniel Castro e membros do BNG local.

Nesta campaña que se desenvolve en todas as localidades da comarca e do país, os nacionalistas defenden un novo modelo produtivo e comercial, apostando polo consumo de produtos galegos, que debe ser unha prioridade na política económica e de comercializacion, fuxindo dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comerciais de capital foráneo.

SINÓNIMO DE CALIDADE

“O sustentábel, o ecolóxico, o que de verdade xera riqueza e emprego aquí, o que mantén vivas e dinámicas as nosas cidades e vilas, é a producción propia, galega, a da nosa comarca e tamén as tendas e negocios do comercio de proximidade” manifestou Daniel Castro. O portavoz municipal Eloi Cabanas fixo referencia á importancia do comercio de Mondoñedo na economía local, asegurando que “o futuro pasa por darlle máis valor ao local, ao noso, que é sinónimo de calidade, coñecemento, desenvolvemento e identidade, e en Mondoñedo e na comarca temos un comercio e uns produtos de primeira”.

POTENCIAR MERCADO 

Desde o BNG formulan varias propostas factibles para salvagardar o comercio e a economía locais, que son, entre outras, as seguintes: incentivar a compra de produtos locais e galegos, recuperación dos mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais, promocionar a producción alternativa e ecolóxica, establecemento de liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade, ou promover axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...