Alcoa convocou ao comité de empresa da fábrica de Cervo a unha nova reunión en León este luns, día 2 de xaneiro, ás 10.30 horas.
Segundo informa o comité, o obxectivo desta cita será “continuar coa negociación e recibir de Alcoa a resposta á última proposta” que trasladaron os representantes dos traballadores.
Estas conversacións refírense á modificación do acordo que supuxo a paralización da actividade na planta co compromiso de rearranque en 2024.
Por outra banda, o comité tamén apunta que se reunirá coa Xunta o mércores 11 de xaneiro, co ánimo de trasladar ao presidente galego as súas “inquietudes e reclamacións” e facer “un seguemento máis en detalle” da situación das ‘PPA’ (os acordos de compravenda de enerxía).
A continuación, para o luns 16 de xaneiro, está prevista a décimo primeira reunión de seguemento do acordo, convocada polo Ministerio de Industria, ás 12.00 horas en Madrid.