InicioEconomíaO comité de Alcoa convocado a unha nova reunión en León este...

O comité de Alcoa convocado a unha nova reunión en León este luns

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa convocou ao comité de empresa da fábrica de Cervo a unha nova reunión en León este luns, día 2 de xaneiro, ás 10.30 horas.

Segundo informa o comité, o obxectivo desta cita será “continuar coa negociación e recibir de Alcoa a resposta á última proposta” que trasladaron os representantes dos traballadores.

Estas conversacións refírense á modificación do acordo que supuxo a paralización da actividade na planta co compromiso de rearranque en 2024.

Por outra banda, o comité tamén apunta que se reunirá coa Xunta o mércores 11 de xaneiro, co ánimo de trasladar ao presidente galego as súas “inquietudes e reclamacións” e facer “un seguemento máis en detalle” da situación das ‘PPA’ (os acordos de compravenda de enerxía).

A continuación, para o luns 16 de xaneiro, está prevista a décimo primeira reunión de seguemento do acordo, convocada polo Ministerio de Industria, ás 12.00 horas en Madrid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...