As negociacións de Alcoa rematan polo de agora con afastamento de posturas entre comité e compañía

A intención principal dos traballadores e reivindicar ante a dirección seguridade laboral, tanto na planta de aluminio como na de alúmina.


As negociacións entre o comité de Alcoa San Cibrao e a compañía están “moi afastadas” de acordo tras dous días de encontro en León sobre o futuro da planta.

Así o trasladou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, quen explicou que retomarán a reunión o vindeiro luns en León, á vez que traslada que non se dan a coñecer as claves do abordado para non “prexudicar” á negociación.

En declaracións tras o encontro deste mércores, Zan dixo que esperan “ter unha modificación da última proposta de Alcoa” despois dunhas “duras reunións”. “Esperemos que o luns varíen un pouco as posicións”, apunta.

“Non só estamos a tentar conseguir o máximo que podamos dentro da situación que temos actualmente, senón tamén temos que ver que a negociación ten que ser o máis produtiva posible”, asegura.

PETICIÓNS

O pasado martes, antes do inicio da reunión, o presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa expresou a intención de reivindicar ante a dirección “seguridade laboral”, tanto na planta de aluminio como na de alúmina. “A partir de aí, tentar apoiar ese forno de cocción de gran tamaño que para nós é indiscutible, a base dun pouco máis de marxe”, agregaba.

“A planta de aluminio ten asinado un non ERE e un non ERTE por uns anos, e o que necesitamos é que, aínda que a planta de alúmina non sufriu ningún ERTE, nin ningún ERE, nin está en proceso diso, co problema que hai co gas, queremos asegurarnos de que non vai sufrir“, afirma.

En resumo, tamén se persegue que “a planta de alúmina non pare como a de aluminio ,que ao final parou porque non había ningunha saída”.

PARQUES EÓLICOS

Sobre os parques eólicos, José Antonio Zan acreditou que “os do Goberno” central “van bastante ben e os da Xunta están a ter algúns problemas”.

Non entanto, sinalou que haberá que esperar ao que lles din por parte a Xunta: “Nunha reunión convocada para o 11 de xaneiro, e onde esperamos coñecer ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda”. “Con Feijóo tivemos bastantes reunións e co novo presidente aínda ningunha”, afeou.

Será a partir do 1 de xaneiro de 2024, dentro dun ano, cando de novo se reactiven as máis de 500 cubas da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, Cervo, nun compromiso selado pola empresa e pola representación dos traballadores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here