InicioEconomía'Descrubre A Mariña Lucense', será a presentación da comarca en Fitur que...

‘Descrubre A Mariña Lucense’, será a presentación da comarca en Fitur que este ano será realizada María Loureiro

A alcladesa de Viveiro será a voceira da comarca na FITUR 2023 para mostrar os destinos da comarca e dar a coñecer as diferentes posibilidades que ofrece a costa e o interior mariñaos.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense volve estar presente en Fitur do 18 ao 22 de xaneiro da man de Turismo de Galicia presentando a nova campaña turística: Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.

O vídeo principal desta nova estratexia de comunicación formará parte do acto de presentación da Mariña Lucense que terá lugar este 19 de xaneiro, ás 17:30 horas no stand de Turismo de Galicia. No evento intervirá a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, en nome da Mancomunidade. Estará acompañada por representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Fran Cajoto non estará en Fitur 2023 por cuestións relacionadas coa súa axenda municipal como alcalde de Foz.

O vídeo promocional marcará o inicio dunha campaña deseñada tras o éxito de Volve a encontrar o Norte. Visita A Mariña Lucense coa que se viña promocionando o destino nos últimos dous anos. Será executada durante os próximos meses a través de diversos medios convencionais e dixitais e ten por obxectivo incrementar o recoñecemento e notoriedade do destino ao tempo que se reforza o posicionamento da Mariña na mente do cidadán, principalmente a nivel nacional.

A Mancomunidade está presente en FITUR desde o 18 de xaneiro mantendo contacto e xuntanzas de traballo con profesionais do sector, prestadores de servizos, outros destinos turísticos, e con turoperadores e axencias minoristas, co obxectivo de presentarlles a variedade e calidade de recursos, produtos e servizos turísticos do xeodestino.

As persoas que acudan a Fitur 2023 poderán atopar información turística sobre A Mariña Lucense, ocasión para a que a Mancomunidade editou unha edición especial da guía A Mariña Lucense ao descuberto.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...