O comité de empresa destaca que a dirección confirmou na última reunión que descarta unha parada total de produción en alúmina durante este ano 2023.
A finais de decembro, segundo lembra o comité, a multinacional “confirmou que chegara a compromisos comerciais con clientes de alúmina non metalúrxica que lle permiten na práctica descartar unha parada total de produción durante o ano 2023 na refinaría de San Cibrao”. Isto, “salvo por necesidades puntuais de mantemento ou causas de forza maior”.
Así as cousas, o comité de empresa solicitou “confirmación por escrito” e na reunión do pasado mércores Alcoa trasladou cuestións relativas aos caudais mínimos recomendados por motivos de seguridade.