InicioEconomíaAlcoa prevé que o proxecto de barras de compensación estea listo en...

Alcoa prevé que o proxecto de barras de compensación estea listo en xullo de 2024

Por outra banda, constatou as "malas noticias" en canto aos acordos de enerxía, pois a Xunta, de 16 parques eólicos, "só aprobou cinco"

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa prevé que o proxecto de barras de compensación de campo magnético para a planta de aluminio de San Cibrao, en Cervo, estea listo en xullo de 2024, segundo trasladou este mércores ao comité de empresa.

“Estiveron a ensinarnos como funciona e como vai ser o sistema novo das barras de compensación magnética, para que se fan, para que as cubas teñan unha estabilidade”, destacou o presidente do comité, José Antonio Zan.

Neste investimento, segundo indicou, “vai haber un pescozo de botella dun tres meses ata que chegan unhas chapas que necesitan para facer o axuste”. En todo caso, Zan sinalou que a multinacional informou de que “xa se vai a empezar antes de final de mes a fabricar esas barras en fundición para poder empezar a traballalas e mecanizalas”.

Un primeiro contrato de mecanizado xa está asinado por unha das empresas exteriores e para o outro, o de montaxe, a firma está “a esperar uns temas de seguridade para facelo”. Serán 10 cubas por día e espérase que para xullo de 2024 estea acabada este investimento, segundo destacou o representante dos traballadores. En canto a “os papeis” que pedía o comité, Zan apuntou que saben que van “gastados máis de 5,3 millóns”, en relación aos investimentos “que se van facendo”.

CONTRATOS DE ENERXÍA

Por outra banda, constatou as “malas noticias” en canto aos acordos de enerxía, pois a Xunta, de 16 parques eólicos, “só aprobou cinco”. Pola súa banda, o Goberno central, do seis que tramitaba, aprobou cinco, aínda que “a algún lle quitou algunha máquina”.

Neste escenario, Alcoa agora “está a traballar no desenvolvemento doutros acordos que poden ser complementarios”, relativos á enerxía basee “para complementar” a que xa ten e que “salga a bo prezo”.

ALÚMINA

Por último, Zan apuntou que Alcoa espera en abril empezar a “afrouxar un pouco” coa planta de alúmina, pero aínda non dan “unha subida de caudal de momento”. “Temos que esperar a ver como vai o resto do ano, se conseguimos que o mercado empece a comprar máis material”, destacou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...