InicioEconomíaContinúan os percorridos de Turismo Slow pola Mariña, esta fin de semana...

Continúan os percorridos de Turismo Slow pola Mariña, esta fin de semana parada en Cervo

O vindeiro sábado, 18 de marzo, terá lugar un brunch con degustación de marmeladas en A Morena, un obradoiro situado en Sargadelos.

Publicada o

- Advertisement -

Proseguen as experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Deron comezo o pasado 11 de marzo e prolongaranse ata o 23 de abril. O de 18 de marzo recalarán en Cervo e en Foz. Dito programa de actividades está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

O vindeiro sábado, 18 de marzo, terá lugar un brunch con degustación de marmeladas en A Morena, un obradoiro situado en Sargadelos, que elabora marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de primeira calidade. E ese mesmo día Os Tres Teixos en San Acisclo (Foz) ofrece unha estancia especial para recibir e celebrar o Equinoccio de primavera cun programa de actividades compartidas coma mindfulness, yoga, danza ou paseos conscientes.

As experiencias de Turismo Slow continuarán o 25 de marzo con dúas actividades moi diferentes. Por un lado o carpinteiro francés Sebástien Léprevost ofrecerá un obradoiro para coñecer todo o ciclo da madeira e fabricar unha pequena peza no seu taller de Ourol e, por outro Roqsport ofrece vivir unha experiencia diferente en familia e en plena natureza no seu Parque de Aventura de Viveiro, onde se poderán realizar os distintos circuítos de diferentes dificultades entre árbores atravesando pontes, pasarelas, tirolinas, etc e un percorrido de orientación con explicacións sobre o manexo do compás, interpretación de mapas, etc.

Xa en abril, despois da Semana Santa, o día 15 en Ribadeo Raíces Nómadas Atelier ofrece un obradoiro para aprender as técnicas básicas da marroquinería fina; coser a man, acabado de bordes e todo o preciso para que cada asistente elabore o seu propio bolso e o leve acabado. Coa posibilidade de ampliar a experiencia cunha estancia na Cortiña de Cantarrana.

E o 22 e 23 de abril no Lugar das Marías en Xove, Iria Pigueiras ofrecerá un taller de iniciación á cerámica para coñecer de primeira man diferentes técnicas, materiais, texturas e pigmentos así como crear varias pezas deseñadas por cada asistente seguindo un proceso creativo dinámico e colaborativo, nun entorno excepcional como é a aldea e o xardín deste aloxamento. A experiencia inclúe merenda, pernoita, cea e almorzo.

Esta nova edición das experiencias de Turismo Slow xa desenvolveron a pasada fin de semana en Viveiro e na Pontenova. Na cidade do Landro os asistentes puideron elaborar pan nun forno artesanal e na Pontenova coñeceron o seu pasado industrial e tiveron a posibilidade de descender pola Tirolina das Minas.

É posible consultar información máis detallada sobre as actividades (horarios, prezos, etc) así como realizar a reserva, no seguinte enlace: https://www.reservaonline.support/turismoslow/index.html

As actuacións vinculadas a esta iniciativa, que teñen que ver principalmente coa coordinación e promoción do programa, están financiadas ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...