InicioEconomíaOs transportistas falan dun seguimento do 90% da folga nas fábricas de...

Os transportistas falan dun seguimento do 90% da folga nas fábricas de Ence

Os sindicatos difiren do exposto pola empresa, que asegurou que o traballo se desenvolveu "cunha absoluta normalidade" en Navia e Pontevedra

Publicada o

- Advertisement -

A Unión Independiente de Transportistas Autónomos (UITA) cifrou nun 90% o seguimento da folga do transporte de madeira a Ence.

Segundo os datos do sindicato, desde as 00.00 horas do pasado 24 de decembro, 56 camións dos aproximadamente 500 que cada día descargan madeira nas fábricas da papeleira en Pontevedra e Navia mantiveron a súa actividade.

Desde o sindicato poñen en tela de xuízo as declaracións da empresa, que asegurou que o primeiro día de folga transcorreu conabsoluta normalidade nas fábricas.

“Nin sequera cun abastecemento do 20% podería manter a súa actividade productiva”, argumentan os transportistas.

REIVINDICACIÓNS

O paro indefinido continuará, segundo a UITA, mentres Ence non asuma as reivindicacións dos transportistas no tocante a unha maior seguridade nas descargas e á restitución do traballador despedido por enfrontarse a martelazos cuns ciclistas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...