InicioEconomíaAlcoa San Cibrao acollerá unha reunión de seguimento do acordo polo que...

Alcoa San Cibrao acollerá unha reunión de seguimento do acordo polo que se parou a produción

As partes analizarán "as posibles axudas que encaixen" no plan estratéxico de recuperación para a descarbonización, segundo informa o comité, coa presenza do seu máximo responsable.

Publicada o

- Advertisement -

A planta de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, acollerá a próxima reunión de seguimento do acordo polo que se parou a produción co compromiso de rearranque por parte da multinacional.

Segundo informa o comité de empresa, a reunión será este xoves 20 ás 16,00 horas. Trátase, en concreto, do décimo segundo encontro da mesa de seguimento.

Ademais dos temas habituais, as partes analizarán “as posibles axudas que encaixen” no plan estratéxico de recuperación para a descarbonización, segundo informa o comité, coa presenza do seu máximo responsable.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...