A Consellería do Mar vén de conceder unha achega que supera os 619.000 euros con partidas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Femp) a apoiar a actividade que da organización de produtores pesqueiros OPP-77 Porto de Celeiro.
As achegas da Xunta ao colectivo, que xunta aos produtores vinculados á organización empresarial e pesqueira con sede en Celeiro, distribúense en dous conceptos: 400.000 euros destinados aos gastos de constitución e funcionamento da entidade e 219.000 euros adicionais para desenvolver o plan de produción e comercialización.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández; e os representantes desta organización da OPP celereirense, José Novo, Eduardo Míguez e Jesús Lourido, presentaron as liñas de colaboración.
PESCADA DO PINCHO
Entre as accións máis destacadas dentro da posta en valor dos produtos pesqueiros que comercializa Porto de Celeiro e que son capturados pola súa flota, ten especial relevancia a promoción da pescada do pincho.
Así, por exemplo, o seu traballo foi clave para obter a certificación da ONG Friend of the Sea ou o selo Galicia Calidade.