A dirección da multinacional do aluminio Alcoa e os sindicatos acordaron ampliar 15 días o prazo de negociación do ERE de extinción que presentou para as fábricas de Avilés e A Coruña.
O acordo supón un alivio para os preto de 700 empregados que traballan nas dúas fábricas, dado que este xoves remataba o período de consultas do ERE extintivo, polo que a multinacional podería comezar cos despedimentos.
Nos seguintes quince días, os traballadores tentarán “que Alcoa desista da súa intención de pechar as fábricas”, mentres que a multinacional afirma que polo de agora non apareceron compradores para as factorías ameazadas de clausura.
DEZ HORAS DE NEGOCIACIÓNS
O persoal de Alcoa e Avilés tentou participar como puido -con actos reivindicativos- dunhas negociacións que duraron máis de dez horas.
Lumeeee!! Isto é a guerra, Coruña non se pecha!! En Madrid facéndonos oír!!! pic.twitter.com/HSl3lMRLck
— TraballadorDeAlcoa (@TraballadoAlcoa) December 27, 2018
Un grupo de traballadores da Coruña trasladouse este xoves a Madrid para respaldar aos seus compañeiros. Así, protestaron contra o peche e queimaron pneumáticos diante do hotel onde se celebrou a xuntanza.
Los niños de Alcoa llegan a la fábrica. Son hijos de trabajadores de la multinacional que se han vestido de Reyes Magos y reparten caramelos a la entrada de la factoría el día que sus papás se juegan el futuro más inmediato. Son la otra cara de la Navidad🎄 #AlcoaNoSeCierra pic.twitter.com/AbHGvzpDCl
— SER Avilés (@SERdeAviles) December 27, 2018
Na factoría de Avilés, os fillos dos obreiros disfrazáronse de Reis Magos para repartir caramelos e agasallos á porta da fábrica.