InicioEconomíaVestas gaña 15 millóns no primeiro trimestre tras pechar en Viveiro

Vestas gaña 15 millóns no primeiro trimestre tras pechar en Viveiro

Agarda beneficios de entre 14.000 e 5.500 millóns tras pechar hai ano e medio a planta de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O fabricante danés de aeroxeradores Vestas rexistrou un beneficio neto atribuíble de 15 millóns de euros no primeiro semestre de 2023, fronte ás perdas de 765 millóns contabilizadas pola multinacional no mesmo período do ano anterior, segundo informou a empresa, que o 31 de decembro de 2021 pechou a súa planta de Viveiro.

Entre xaneiro e marzo, os ingresos de Vestas sumaron 2.829 millóns de euros, un 13,8% máis, mentres que o resultado bruto de explotación (Ebitda) foi de 2062 millóns, tras un resultado negativo de 585 millóns no primeiro trimestre de 2022.

“Vestas tivo un bo comezo en 2023 (…) En comparación con 2022, a nosa rendibilidade no primeiro trimestre de 2023 viuse impactada positivamente pola venda do noso negocio de convertidores, menores provisións de garantía e unha sólida rendibilidade en Servizos”, destacou Henrik Andersen, presidente e conselleiro delegado de Vestas.

De cara ao conxunto do exercicio, a compañía espera alcanzar uns ingresos de entre 14.000 e 5.500 millóns de euros. Así mesmo, a compañía agora prevé realizar investimentos de ao redor de 1.000 millóns de euros en 2023. “A industria eólica segue desafiada pola incerteza política, os lentos procesos de permisos e a alta inflación, que esperamos que continúe ao longo de 2023, pero imos por bo camiño para a nosa perspectiva financeira de 2023″, engadiu Andersen.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...