O prezo de compravenda de vivenda vacacional na costa de Lugo sitúase en 1.100 euros por metro cadrado, o máis baixo de toda España, onde a media está en 2.550 euros/m2 tras unha subida do 6,3% no último ano.
Así figura no informe ‘Vivenda en Costa 2023’, elaborado pola empresa consultoría inmobiliaria Tinsa, onde se observa que as provincias da Coruña e Pontevedra contan cun prezo de 1.900 euros por metro cadrado. A cifra máis elevada sitúase en Baleares (6.000 euros/m2).
O segmento de segunda residencia da costa española rexistrou no primeiro trimestre de 2023 unha actividade igual ou superior á do primeiro trimestre do ano anterior, impulsada por unha maior intensidade de compravenda por parte da demanda estranxeira, que recuperou os niveis anteriores a 2020, apunta Tinsa.
O valor da vivenda vacacional está un 35% por encima do valor media da vivenda de primeira residencia nas zonas de costa. Este estudo combina referencias de 250 municipios. “Os prezos da vivenda vacacional en costa continúan mostrando unha tendencia alcista que contrasta coa tendencia á estabilización de prezos que se observa desde finais de 2022 no mercado residencial xeneral”, explica a directora do Servizo de Estudos de Tinsa, Cristina Arias.
A provincia onde maior proporción de vivenda nova se transacciona é As Palmas, cun 19 %. A que menos, A Coruña, cun 4 %. No conxunto das zonas costeiras españolas, o número de compravendas de vivendas usadas aumentou un 12,2 % interanual en 2022, ata as 260.400 transaccións, mentres que as de vivenda nova, reducíronse un 6,6 %, situándose en 26.800 operacións.
SUBIDA DO PREZO DE ALUGUER EN MAIO
Noutra orde de cousas, o prezo do aluguer en Galicia subiu un 7% en maio en comparación co mesmo mes do ano anterior, con 8,37 euros por metro cadrado, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.