InicioEconomíaO 23 de xuño remata a campaña "Rasca e Gaña" de ACISA...

O 23 de xuño remata a campaña “Rasca e Gaña” de ACISA Ribadeo

A presidenta de ACISA Ribadeo, Carmen Cruzado sinala que "para nos sería un éxito absoluto que todos os agasallos fosen entregados ao longo desta semana que queda de campaña”.

Publicada o

- Advertisement -

O 23 de xuño remata a campaña do Rasca e Gaña de Acisa Ribadeo. Ata ese día pódense reclamar os premios. A asociación ribadense fai un balance moi positivo da súa acollida.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “este venres finaliza a nosa campaña de dinamización comercial Rasca e Gaña, e queremos recordarlles aos nosos veciños e veciñas que se gardan nas súas casas algún rasca con premio teñen ata este venres, 23 de xuño, para poder desfrutalo. Despois desa data as tarxetas premiadas caducarán e os premios non poderán ser reclamados. Esta gran campaña comercial que puxo en marcha Acisa hai algo mais dun mes, poñía en xogo 15.000 premios, dos que xa foron entregados unha parte moi importante. Para nos sería un éxito absoluto que todos os agasallos fosen entregados ao longo desta semana que queda de campaña”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, dixo que “nesta campaña repartimos 100.000 rascas, dos que 15.000 contiñan premios. Sumando o valor de todos eles calculamos que puxemos en xogo premios por valor de mais de 180.000 euros. Temos que destacar, segundo nos indican os negocios, que esta campaña foi un éxito. En primeiro lugar conseguimos o obxectivo fundamental, que era facer unha gran campaña de publicidade e promoción aos nosos socios e socias e conseguir que os veciños e veciñas, tanto da vila como da comarca, coñeceran as tendas, entraran, probaran e mercasen grazas a que lles tocase un premio nese local. Moitos negocios indicáronnos que recibiron moitos novos clientes, e tamén nos contaban que moitos dos habituais animáronse a facer algunha compra non prevista grazas aos premios desta campaña. En cifras calculamos que o impacto económico foi maior do inicialmente esperado e que superamos os 2 millóns de euros de movemento económico xerado grazas ao Rasca e Gaña”.

A presidenta de Acisa tivo palabras de agradecemento: “queremos darlles as grazas a todos os establecementos que participaron na campaña doando os mais de 15.000 premios, tamén á Xunta de Galicia pola co financiamento desta actividade e sobre todo aos milleiros de clientes que durante estas semanas fixeron as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo. O éxito desta campaña foi grazas á súa confianza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...