O persoal de Terpil volve ao traballo logo de a compañía presentase concurso de acredores

O pasado venres desconvocábase a folga indefinida que mantiñan os traballadores ante os atrasos en pagos de salarios.


A empresa Terpil retoma a actividade este luns 10 de xullo despois de manter unha reunión con representantes da empresa e co xestor administrativo que levará a empresa mentres dure a situación de concurso de acredores, declarada despois de que Terpil declarase que non podía pagar atrasos nas nóminas.

“Dicían que en principio non iamos cobrar, que non se podía e nós comezamos unha folga que desconvocamos o venres cando a empresa declarara concurso de acreedores”, di Santiago González de CC.OO. Segundo González, os traballadores tiveron coñecemento de que a empresa tiña intervidas as súas contas por non ter feito unha serie de pagamentos a Facenda.

A reunión entre os traballadores, os representantes da empresa e o xestor administrativo, chegaron ao acordo de pagar o mes atrasado a semana que vén, a continuación a paga extra de xullo e dous meses anteriores que tamén se adebedaban aos traballadores, serán pagados polo Fondo de Garantía Salarial.

Descoñécese se a empresa será vendida na súa totalidade ou só a parte do contrato que ten como empresa auxiliar de Alcoa. Terpil é unha empresa de transportes que realiza traballos de retirada de lodos vermellos para depositalos na balsa destinada para eles perto da planta de aluminio.

A empresa Terpil declinou facer comentarios sobre a situación actual.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here