InicioEconomíaAlcoa xa conta co seu no novo transformador principal na súa planta...

Alcoa xa conta co seu no novo transformador principal na súa planta de aluminio de San Cibrao

Este transformador, de maior capacidade que os anteriores, contará con axustador de tensión para poder alimentar a un número variable de cubas e permitirá aumentos importantes da intensidade eléctrica no caso de que se requira no futuro.

Publicada o

- Advertisement -

A planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao recibiu este luns o seu novo transformador principal, TRG, que supuxo un investimento de 8,4 millóns de euros e que estará en servizo en xaneiro de 2024, cando está previsto o reinicio da produción de aluminio primario.

Este transformador, de maior capacidade que os anteriores, contará con axustador de tensión para poder alimentar a un número variable de cubas e permitirá aumentos importantes da intensidade eléctrica no caso de que se requira no futuro, segundo informou a compañía.

“Os transformadores principais de San Ciprián son equipos de enxeñaría de gran envergadura, de deseño e capacidades únicas, e o sostén das series das cubas de electrólise, onde se obtén o aluminio primario. Reciben a enerxía desde a rede de alta tensión a 410 kV e transfórmana ata 70 kV como paso previo á alimentación das series”, engadiu a empresa.

Alcoa subliñou que os equipamentos de soporte de enerxía na planta de aluminio reforzaranse coa instalación do proxecto de ‘Gas Insulated Switchgear’, que conecta as liñas de alta tensión da fábrica á subestación eléctrica, cun investimento adicional de 9,7 millóns.

A obtención de aluminio primario mediante electrólise é un proceso hiperelectrointensivo, o que significa que require un moi alto consumo de enerxía eléctrica ata o punto de considerar á enerxía eléctrica como unha materia prima fundamental da produción do metal, indica a firma.

“Con este investimento Alcoa demostra unha vez máis o seu compromiso coa planta de aluminio e co futuro do complexo industrial de San Cibrao. O obxectivo de levar a cabo estas melloras céntrase en modernizar e potenciar as instalacións en aras de aumentar a competitividade da fábrica”, sentenciou Alcoa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...