InicioEconomíaO Goberno declara que as obras na N-642 avanzan con 2,6 millóns...

O Goberno declara que as obras na N-642 avanzan con 2,6 millóns de euros

A subdelegada do Goberno de Lugo, Isabel Rodríguez, lamenta o "cinismo e a dobre vara de medir" dos representantes do PP e emprázaos a reclamar "con tanta vehemencia" outras infraestruturas "esquecidas" pola Xunta como a VAC Costa Norte.

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, defende que o Goberno avanza nos traballos da estrada N-642, no municipio de Foz, cun investimento de 2,6 millóns.

Populares da Mariña visitaron a zona afectada –á altura da praia de Areoura– cunha ampla delegación encabezada pola presidenta provincial e deputada, Elena Candia, e o coordinador do PP lucense e portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento galego, José Manuel Balseiro. Alí, esixiron ao Ministerio de Transportes que finalice a “a maior brevidade” as obras na “focha da vergoña” na N-642, unha infraestrutura que cualifican de “clave” para a comarca.

“Non hai avances a un ritmo razoable nin o Ministerio ten concretada unha data na que podería estar restablecida a normalidade na vía”, no que consideran que “un insulto para A Mariña”.

Nun comunicado, a subdelegada do Goberno responde que o Ministerio “acaba de executar o novo sistema de drenaxe baixo a vía para, a continuación, iniciar os traballos de reconstrución do terraplén e pór en servizo, canto antes, a infraestrutura”.

Rodríguez lamenta o “cinismo e a dobre vara de medir” dos representantes do PP e emprázaos a reclamar “con tanta vehemencia” outras infraestruturas “esquecidas” pola Xunta como a VAC Costa Norte.

Así mesmo, subliña que na actuación na N-642 participan unha vintena de traballadores e outras tantas máquinas, “pondo todos os recursos humanos e económicos para esta obra”.

PP DA MARIÑA PIDE BREVIDADE

PP da Mariña esixiu ao Ministerio de Transportes que finalice á “maior brevidade” as obras na “focha da vergoña” na N-642, unha infraestrutura que cualifican de “clave” para a comarca. “Non hai avances a un ritmo razoable nin o Ministerio ten concretada unha data na que podería estar restrablecida a normalidade na vía”, polo que consideran que “é un insulto para A Mariña e pedimos aos alcaldes do PSOE que se unan á nosa reivindicación”.

O PP condenou que “o Goberno de Pedro Sánchez non lle da esta obra a prioridade que merece para garantir a recuperación da circulación no conxunto desta estrada en condicións de normalidade, vialidade e seguridade” e piden “axilidade”. Así, os populares lembran que “levan oito meses en obras” obrigando aos usuarios a circular por un desvío provisional á altura do acceso a Burela desde Foz, que está a ocasionar moitas incomodidades e prexuízos, en especial a veciños e transportistas.

A reparación da fochanca e a posterior reposición da estrada presentouse desde o Ministerio como unha “actuación de emerxencia”, pero a realidade é que durante o verán nas últimas semanas as obras están practicamente paradas ou cun ritmo extremadamente lento.

VISITA “SOBRE O TERREO” DE CARGOS POPULARES

Para visializar a súa protesta, os populares da Mariña visitaron a zona afectada (á altura da praia de Areoura) cunha ampla delegación encabezada pola presidenta provincial e deputada, Elena Candia, e o coordinador do PP lucense e portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento galego, José Manuel Balseiro; ademais de alcaldes e portavoces que avanzaron unha ofensiva nas distintas institucións, incluída á presentación de iniciativas en todos os concellos da comarca.

De feito, este mesmo mércores debaterá na Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que o Goberno de España acometa os traballos pendentes no tramo afectado pola focha. Unha iniciativa similar xa foi obxecto de debate o pasado xoves no pleno do Concello de Burela, a instancias do Grupo Municipal Popular resultando aprobada por unanimidade, cos votos a favor de todos os grupos da corporación local.

Os populares aseguran que a focha non só “sacou a relucir os deficientes labores de mantemento e conservación que está a facer o Ministerio nas estradas estatais”, senón que tamén evidenciou “as carencias en materia de infraestruturas desta comarca”. Neste sentido, lembraron que a N-642 é a principal vía da Mariña e carece dun itinerario alternativo “como quedou demostrando cando se produciu esta focha e tentouse desviar o tráfico”.

Ademais, precisaron que “se lle debe ao Goberno de Pedro Sánchez a paralización da autovía A-74 entre A Espiñeira (Foz) e Castelo (Cervo)”, un proxecto que só existe no papel e que desde Moncloa esqueceron desde o punto de vista administrativo e orzamentario. “Esta situación non é allea ao que ocorre no resto de Galicia e da provincia coas infraestruturas que dependen do Estado: con Pedro Sánchez, Galicia perde sempre”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...