InicioEconomíaO comité de Alcoa estudará "medidas" ante a paralización temporal da fundicón...

O comité de Alcoa estudará “medidas” ante a paralización temporal da fundicón de aluminio

A planta de aluminio esgotou todo o seu inventario e para temporalmente os seus fornos "debido a unha difícil situación de mercado, que inclúe os altos custos de enerxía e falta de pedidos de clientes", expón a empresa.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao, en Cervo, reunirase na mañá deste xoves, 5 de outubro, de forma extraordinaria para abordar “medidas a tomar” ante a decisión da compañía de paralizar de forma temporal a fundición de aluminio.

Este encontro urxente está motivado polo feito de que Alcoa decidise esta paralización o pasado luns. A planta de aluminio esgotou todo o seu inventario e para temporalmente os seus fornos “debido a unha difícil situación de mercado, que inclúe os altos custos de enerxía e falta de pedidos de clientes”, expón a empresa.

A fundición poderá renovar as súas operacións se as condicións do mercado melloran. A fundición da planta de aluminio continuou operando tras as paradas das cubas de electrolisis en xaneiro de 2022.

No entanto, a compañía garante que o axuste da produción “non terá ningún impacto no emprego da planta, o seu mantemento, nin nos investimentos previstos”.

Precisamente, o pasado venres, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, xa informou de que se viven “problemas” na fundición, posto que só fabrican 50.000 toneladas das que se poderían fabricar, debido a que “os clientes deixaron consumir polo problema industrial”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...