InicioEconomíaFormación para a implantación do Sistema de Calidade Turística (SICTED)

Formación para a implantación do Sistema de Calidade Turística (SICTED)

O Conxunto Histórico de Sargadelos acolleu hai uns días o terceiro seminario de formación dentro do calendario de actividades programadas para os participantes no SICTED da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense continúa co proceso de formación para as empresas e servizos participantes na implantación do Sistema de Calidade Turística (SICTED), proxecto realizado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística e cofinanciado pola propia Mancomunidade coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O Conxunto Histórico de Sargadelos acolleu hai uns días o terceiro seminario de formación dentro do calendario de actividades programadas para os participantes no SICTED da Mariña.

Nesta ocasión, os representantes das empresas e servizos asistiron a unha xornada que comezou coa benvida nas instalacións da Antiga Carboeira de Sargadelos por parte da alcaldesa de Cervo, Dolores García, quen expuxo os traballos de posta en valor que se veñen acometendo nos últimos anos neste emblemático espazo turístico e cultural da Mariña. A xornada continuou cun seminario formativo e cun taller colectivo no que se abordaron temas como a satisfacción dos visitantes, os avances do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña (2022-2024), a conformación da Mesa da Calidade do SICTED -órgano responsable de propoñer ao comité de distinción a concesión, renovación ou retirada dos distintivos-, e tamén se analizaron temas que preocupan aos sectores público e privado como a mobilidade ou a capacidade de carga do destino.

Tras un café petisco ofrecido por Marmeladas A Morena, quen participa no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia promovido tamén pola Mancomunidade, a xornada completouse coa visita á Fábrica de Sargadelos para coñecer o proceso produtivo desta empresa referente da Mariña.

Nestas semanas están tendo lugar as segundas asistencias técnicas, que de xeito individual reciben os participantes, para posteriormente acometer as avaliacións necesarias que permitirían acadar a distinción de calidade turística SICTED tras pasar pola Mesa de Calidade que terá lugar no mes de novembro. O próximo ano a estas empresas, que continuarán traballando pola mellora continua no destino, sumaranse outros servizos e oficios turísticos da Mariña Lucense, incorporando tamén a novos sectores.

A presidenta da Mancomunidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destacou que “entre os obxectivos que se pretenden conseguir a través do SICTED está axudar a introducir ferramentas de xestión nas empresas para a mellora da calidade e favorecer a coordinación e o traballo en equipo a fin de alcanzar unha conciencia global do destino”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...