- Advertisement -
O sindicato CC.OO-Industria aposta por manter o acordo laboral con Alcoa na fábrica de Cervo porque “garante tanto o emprego dos traballadores ata o ano 2027 como uns investimentos que supoñen o futuro da factoría”.
Indícao nun comunicado de prensa emitido despois do anuncio da parada da fundición en San Cibrao por parte da multinacional do aluminio.
Neste escenario, este sindicato sinala que tanto os responsables de industria en Goberno e Xunta como as súas respectivas avogacías “desaconsellan” a “ruptura” dese acordo e consideran que dita medida sería “moi perigosa”.