InicioEconomíaOs orzamentos de 2024 permitirán ampliar o Porto de Celeiro con 70...

Os orzamentos de 2024 permitirán ampliar o Porto de Celeiro con 70 novos amarres

A Xunta de Galicia contempla nos orzamentos para 2024 actuacións por importe de máis de 1,6 millóns de euros para a mellora do porto.

Publicada o

- Advertisement -

Xunta de Galicia contempla nos orzamentos para 2024 actuacións por importe de máis de 1,6 millóns de euros para a mellora do porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. Así o confirmou este luns o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita ao municipio na que explicou os proxectos portuarios previstos para a zona.

Segundo trasladou a Consellería, o titular de Mar detallou que para o 2024 recóllese unha partida de 625.000 euros destinada á execución das obras de ampliación das instalacións do porto de Celeiro. Os traballos permitirán ampliar 70 novas prazas de amarre no porto. Esta actuación, sinalou, atópase a día de hoxe en licitación e conta co orzamento para a súa execución no próximo exercicio.

Este proxecto consiste na instalación de novas prazas de atracada mediante pantaláns flotantes e a recolocación dun dos pantaláns deportivos existentes, para cubrir as necesidades de toda a frota profesional (3ª lista) e de recreo (7ª lista) existente. Para a 3ª contémplanse 18 novas prazas de esloras entre oito e 14 metros e para a 7ª lista, 52 prazas de seis metros de eslora.

AMPLIACIÓN DIQUE DE ABRIGO

Villares tamén informou de que os orzamentos da Xunta para o próximo ano recollen unha partida de 30.000 euros para a tramitación previa do proxecto de ampliación do dique de abrigo de Celeiro. Esta actuación, cun importe plurianual estimado dun millón de euros, atópase en tramitación ambiental e administrativa para formalizar a adscrición de terreos necesaria, un trámite que, subliñou a Xunta, depende do Goberno central.

Durante a súa visita a Viveiro, o conselleiro visitou tamén a nave de redes, en cuxa rehabilitación Portos de Galicia investiu preto de 400.000 euros co obxectivo de adaptala aos novos usos actuais. Tamén comprobou a finalización dos traballos do edificio náutico pesqueiro, executados pola Confraría con fondos da FEMP.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...