InicioEconomíaACISA pon a dispor de asociados e asociadas material gratuíto para hostalaría

ACISA pon a dispor de asociados e asociadas material gratuíto para hostalaría

A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “Nesta ocasión trátase de bolsas para as botellas de viño, bolsas e envases de comida para levar e vasos térmicos para cafés ou infusións".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de bolsas e de envases de comida e bebida para levar. Na presentación participaron a presidenta e o xerente da asociación, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Atención Cidadá, Montse Seijo.

A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “Acisa pon un ano mais novos materiais gratuítos a disposición dos seus socios e socias. Nesta ocasión trátase de bolsas para as botellas de viño, bolsas e envases de comida para levar e vasos térmicos para cafés ou infusións. Desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería pensando na campaña de Nadal e no vindeiro ano e facémolo tentando aforrarlles custes. Por este motivo poñemos á súa disposición dous modelos de bolsas e tamén dous modelos de envases de comida para levar e vasos térmicos. Son materiais moi empregados e demandados durante todo o ano”.

O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, subliñou que “estamos a falar de 1.500 bolsas para botellas de viño, de 12.000 bolsas de comida para levar, de 16.000 envases de comida para levar en dous tamaños: 1.400 cl e 1.900 cl en aluminio e que se poden empregar no microondas, e 4.000 vasos térmicos para café ou infusións. Aqueles establecementos hostaleiros que precisen estes materiais poden pasar a recollelos durante todo o ano pola oficina de Acisa”.

Pérez Prada indicou que “o investimento realizado está preto dos 8.000 euros que podemos realizar con fondos propios e con cargo ao convenio anual asinado co Concello de Ribadeo. Facemos un esforzo moi importante desde Acisa para dotar aos nosos asociados deste material de xeito totalmente gratuíto, porque creemos e temos acreditada a súa gran utilidade e por iso priorizamos estas accións na nosa programación. Entendemos que estamos diante dunha grande vantaxe para que os novos negocios que deciden instalarse en Ribadeo valoren o feito de asociarse a Acisa”.

Cruzado Iglesias sinalou que “tamén haberá materiais gratuítos para o comercio, que presentaremos proximamente. Por estas e outras moitas razóns calquera momento pode resultar idóneo para formar parte da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, desde a que prestamos asesoramento aos negocios locais adheridos e desde a que organizamos moitas campañas ao longo de todo o ano, para a hostalería, para o comercio e para os servizos co obxectivo claro de dinamizar estes sectores e a economía local. Canta mais xente se achegue a Ribadeo ao longo do ano, non so en tempada alta, mellor nos irá a todas e todos”.

O alcalde, Dani Vega, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos a traballar estreitamente cun dobre obxectivo: contribuír e dinamizar o comercio e a hostalería. Todos xuntos colaboramos na organización de diferentes actividades ao longo de todo o ano, que fan de Ribadeo un referente comercial e hostaleiro de toda a contorna, da provincia e tamén do conxunto do mapa galego. Eu creo que Ribadeo é un exemplo de moitas cousas e no tocante ao comercio leva moito tempo sendo esa capital asturgalaica, onde todos veñen a mercar”.

O rexedor dixo que “a entrega de materiais gratuítos é moi importante para axudarlles a reducir custes aos negocios asociados a Acisa. Estamos a falar de diferentes tipos de envases e bolsas de comida para levar así como de vasos térmicos. Son máis de 33.000, financiados con cargo ao convenio asinado co Concello de Ribadeo. Dentro dunha estratexia común, dentro dese traballo conxunto, é o que fai que Ribadeo sexa un referente e siga medrando”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...