A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña convoca unha concentración para todas as categorías profesionais “Polas melloras laborais dos profesionais”, demandando unha serie de medidas xerais e outras específicas para A Mariña.
A concentración das traballadoras e traballadores está convocada para este xoves 16 de novembro ás 11:30 horas na entrada principal do Hospital Público da Mariña.
Entre os puntos que a Xunta de Persoal reclama están a mellora no material de traballo, dereito a calzado e traballo suficiente, dereito a taquillas, dereito a servizo de labandaría, mellorar o cociente persoal-doente, non pechar camas no verán, carteleiroas axustadas desde xaneiro á xornada anual exixible e melloras na contratación temporal (transparencia nos chamamentos, contratos con carteleiroa para favorecer a conciliación e ocupar o oco para o que se contrata a un ou unha profesional)
MEDIDAS XERAIS
Ademais, tamén se reclama unha serie de medidas xerais como a recuperación do 100% da paga extra, recuperar os 3 lds perdidos, carreira profesional co grao correspondente ao tempo traballado, reclasificación de grupo profesional para todas as categorías, exención de noites a partir dos 55 anos sen perda retributiva, xubilación anticipada aos 60 anos, recoñecemento de solape de xornada e equiparación da xornada complementaria por categoría, non por destino.
O órgano de representación das traballadoras e traballadores fai un chamamento a participar este xoves 16 de novembro ás 11:30 horas na entrada principal do Hospital Público da Mariña.