InicioMovementos SociaisA Mariña en Ruta parará en Viveiro e Ourol os días 18...

A Mariña en Ruta parará en Viveiro e Ourol os días 18 e 19 de novembro

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a vindeira fin de semana temos previstas dúas actividades. O 18 de novembro será o obradoiro de cerámica en Viveiro con Otero Regal".

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña en Ruta seguirá a vindeira fin de semana por Viveiro e por Ourol. A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a vindeira fin de semana temos previstas dúas actividades. O 18 de novembro será o obradoiro de cerámica en Viveiro con Otero Regal. Os asistentes terán a posibilidade de coñecer de preto como Regal fai unha peza de cerámica para despois intentalo eles mesmos. E o 19 de novembro terá lugar un paseo polo patrimonio indiano de Ourol, que será guiado por Noela Feal”.

López lembrou que “estamos no outono e ás veces o tempo complícase. Agardamos poder facer todas as rutas previstas. En novembro temos programadas actividades en Ribadeo, Mondoñedo e Burela e xa a mediados de decembro en Lourenzá. Tamén estamos a punto de pechar a ruta polo Valadouro. Os últimos temporais e os lumes de outubro fixeron que tivésemos que reprogramar o calendario inicial”.

A presidenta da Mancomunidade anima “a achegarse á Mariña no outono, para coñecer o territorio de xeito tranquilo, da man de guías e anfitrións locais e deixándonos sorprender pola combinación de cores desta estación”.

As actividades de A Mariña en Ruta teñen unha duración de 2 a 4 horas e poden participar un máximo de 25 persoas mais o guía en cada un. O prezo xeral é de 5 euros para individual; 8 euros para parella; e 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros. A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta

A pasada fin de semana os días 11 e 12 de novembro tiveron lugar as rutas por Trabada para coñecer a Fraga da Becerreira e por Xove a través dos cantís esculpidos polo mar entre Morás e Portocelo. As persoas que se achegaron ata Trabada puideron coñecer o bosque húmido atlántico. Neste lugar poden observarse carballos cubertos de distintas variedades de musgos e liques que nesta tempada, coa caída da folla, conforman un espazo cun colorido único e un encanto especial complementado por acivros, erbedos, arandeiras ou o fento de botón, entre outras moitas especies vexetais de gran valor ecolóxico.

E os participantes na ruta de Xove tiveron a oportunidade de pasear polo parque etnográfico de Morás, tratando aspectos relativos á historia recente vencellados á factoría baleeira activa no lugar entre o 1965 e 1975, á sucesión das actividades industriais coa implantación de Alumina-Aluminio, á construcción dos Dolos e ás peculiares formacións xeolóxicas dos Cantís de Papel.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...