InicioEconomíaAlcoa volve marear a traballores e administracións e prorroga os investimentos previstos

Alcoa volve marear a traballores e administracións e prorroga os investimentos previstos

Comité de empresa e Goberno solicitan unha reunión tras esta decisión que a compañía xustifica coa súa "complexa situación financeira".

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa comunicou ao persoal a súa decisión de “aprazar temporalmente” a aprobación definitiva do proxecto do forno de cocción de ánodos, o principal investimento que estaba prevista para o complexo industrial de San Cibrao, en Cervo, cuns 109 millóns de dólares.

Segundo unha comunicación dirixida aos empregados, a multinacional americana alega unha “complexa situación financeira”, dado que as plantas de San Cibrao “esperan perdas significativas” para 2024 debido a “unha variedade de factores”, como o prezo da enerxía e os do aluminio e a alúmina.

“Así mesmo, non estamos a ver os avances que nos gustou no desenvolvemento dos PPA’s (abrieviatura en iglés de ‘acordo de compra de enerxía) asinados en 2022″, engade Alcoa, en referencia aos acordos ratificados con compañías eléctricas para a subministración das fábricas.

A multinacional insiste en que esta decisión de aprazar o forno de cocción de ánodos “non implica un incumprimento” dos seus compromisos co persoal, entre eles o principal de volver producir aluminio primario desde xaneiro de 2024: “Seguimos traballando para cumprir co establecido no acordo de viabilidade e estamos comprometidos a facer todo o que podamos para lograr o mellor resultado para os nosos empregados“. Alcoa di seguir “traballando intensamente para a viabilidade das plantas” e reitera o seu “agradecemento” por “o compromiso e profesionalidade que veñen demostrando os traballadores da fábrica”.

COMITÉ E GOBERNO ESIXEN REUNIRSE

Tras coñecer esta decisión, o comité de empresa solicitou unha reunión “de urxencia” coa dirección da compañía en España para “aclarar” esta situación. Tamén o Ministerio de Industria e Turismo decidiu convocar “proximamente” a comisión de seguimento para analizar o impacto desta medida.

Para o departamento que dirixe o ministro Jordi Hereu, a prioridade é “garantir o futuro da actividade produtiva e o mantemento do emprego” en San Cibrao, “de conformidade cos compromisos adquiridos cos traballadores”, así como que “se asegure a viabilidade” da planta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...