InicioEconomíaA Mancomunidade da Mariña inicia a selección para técnico de turismo

A Mancomunidade da Mariña inicia a selección para técnico de turismo

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade ven de convocar o proceso selectivo para a contratación dun técnico de turismo de apoio como persoal laboral fixo-indefinido para a execución do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024.

As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección poden encontrar toda a información, así como a documentación a presentar, no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica da Mancomunidade ou directamente desde o seguinte link: Proceso selectivo Técnico/a Turismo PST na Mariña Lucense 2022 – 2024

O prazo para a presentación de solicitudes (15 días naturais desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo) finaliza o día 18 de decembro (inclusive).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...