InicioEconomíaA mesa de seguimento de Alcoa reúnese este martes, tras o anuncio...

A mesa de seguimento de Alcoa reúnese este martes, tras o anuncio de suspensión do forno de coacción de ánodos

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, esixiron á compañía que "aclare" a que se refire co anuncio de "aprazar temporalmente" a aprobación definitiva do proxecto do forno de cocción de ánodos, así como que "prazos" prevé para iso.

Publicada o

- Advertisement -

Ministerio de Industria e Turismo convocou para este venres, día 15 de decembro, a mesa de seguimento de Alcoa, que se celebrará na sede do Ministerio, en Madrid, despois de que a compañía anunciase que apraza “temporalmente” a aprobación definitiva do proxecto do forno de cocción de ánodos.

A reunión estará presidida pola secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, e foron convocados representantes da Xunta de Galicia, da empresa e do comité de empresa. Nun comunicado, o Ministerio indica que está “en contacto permanente coa empresa e cos representantes sindicais e segue moi de preto os compromisos adquiridos para seguir avanzando no futuro da empresa”.

A pasada semana, Alcoa comunicou ao persoal a súa decisión de aprazar temporalmente a aprobación definitiva do proxecto do forno de cocción de ánodos, o principal investimento que estaba prevista para o complexo industrial de San Cibrao, en Cervo, cuns 109 millóns de dólares (uns 102 millóns de euros).

Nunha comunicación dirixida aos empregados, a multinacional americana alegou unha “complexa situación financeira”, dado que as plantas de San Cibrao “esperan perdas significativas” para 2024 debido a “unha variedade de factores”, como o prezo da enerxía e os do aluminio e a alúmina. Non entanto, a compañía insistiu en que esta decisión de aprazar o forno de cocción de ánodos “non implica un incumprimento” dos seus compromisos co persoal, entre eles o principal de volver producir aluminio primario desde xaneiro de 2024.

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao e a conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, esixiron á compañía que “aclare” a que se refire co anuncio de “aprazar temporalmente” a aprobación definitiva do proxecto do forno de cocción de ánodos, así como que “prazos” prevé para iso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...