O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, acusou á multinacional americana Alcoa de “bloquear” posibles solucións ao ERE de extinción presentado para as plantas da Coruña e Avilés.
Losada argumentou que o Goberno de Pedro Sánchez atopouse cunha reforma laboral “que lle impide actuar” como lle gustaría” neste conflito.
O representante do Executivo socialista quixo xustificar a xestión do Goberno ao lembrar que traballa “cun marco laboral e enerxético herdado”.
“ULTIMATO”
“Onte démoslle un ultimato á empresa, que non está a traballar na procura de solucións. Pedímoslles seis meses para buscar alternativas de novos investimentos e que o ERE que presentaron que se paralice”, espuxo.
Podes ler a información completa en Galicia Confidencial.