InicioEconomíaRueda pide ao Goberno implicación na situación de Alcoa e á empresa...

Rueda pide ao Goberno implicación na situación de Alcoa e á empresa lémbralle os seus compromisos

O presidente da Xunta advertiu de que "o que se acaba de coñecer é francamente para preocuparse", e alertou de que hai reunións pendentes, ademais de "cousas que hai que executar" por parte do Goberno central que "aínda non están executadas".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu este xoves a “implicación” do Goberno central para resolver a situación de Alcoa e apelou a “ir da man” para garantir que a empresa, á que lembrou os “compromisos” asumidos, cumpra co acordado, e poida sobrevivir unha factoría clave para A Mariña de Lugo e o conxunto de Galicia.

Manifestouno, despois de que Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, advertise de que os recursos cos que veu financiando a súa planta de San Cibrao, Cervo, “están case nos seus límites”, mentres que as condicións do mercado, incluído o custo da enerxía, non apoian un reinicio economicamente viable, polo que terá que tomar “decisións difíciles” con impacto adverso no emprego se non hai cambios substanciais.

A multinacional de Pittsburgh, que en 2023 perdeu 651 millóns de dólares (599 millóns de euros), máis de cinco veces máis que o resultado adverso de 123 millóns de dólares (113 millóns de euros) de 2022, defendeu na presentación das súas contas que, desde que se pechou a fundición en xaneiro de 2022, cumpriu os seus compromisos en virtude dos acordos de viabilidade asinados en decembro de 2021 e febreiro de 2023, incluído o pago a todos os empregados, a realización de investimentos de capital e a preparación para o reinicio.

“Con todo, as condicións actuais do mercado, incluído o custo da enerxía, non apoian un reinicio economicamente viable”, apuntou, engadindo que, ademais, atrasáronse os permisos e o desenvolvemento de proxectos de enerxía renovable, que foron un compoñente crítico do reinicio.

A preguntas dos medios, na roda posterior ao Consello da Xunta, Rueda advertiu de que “o que se acaba de coñecer é francamente para preocuparse”, e alertou de que hai reunións pendentes, ademais de “cousas que hai que executar” por parte do Goberno central que “aínda non están executadas”.

Por iso, apelou a “ir da man” e evitar facer “pelexa política” nunha conxuntura electoral priorizando os pasos que garantan a “viabilidade” e manter os empregos de Alcoa, á que tamén lembrou que debe ser “consciente” de que ten “unha serie de compromisos”. Así mesmo, instou ao Goberno a materializar os seus, dando por feito que a Xunta xa cumpriu co seu parte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...