InicioEconomíaA Xunta, "seriamente preocupada" tras a advertencia de Alcoa, pide rebaixar o...

A Xunta, “seriamente preocupada” tras a advertencia de Alcoa, pide rebaixar o custe da enerxía para as electrointensivas

Pide á empresa que traslade os seus plans e necesidades "con transparencia".

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asegurou que a Xunta está “seriamente preocupada” tras as advertencias lanzadas pola dirección de Alcoa sobre o futuro da súa planta na Mariña lucense e reclamou que a empresa “traslade con transparencia que ten pensado facer”, e que “comunique” tanto á Xunta como ao Goberno do Estado “que apoios precisa de ambos”. Así o trasladou durante unha visita a Ferrol, onde detallou que, no seu momento, xa propuxo a creación dunha mesa que estivese presidida polo Ministerio de Industria e a Secretaría de Estado, e que esta “quedou neste mes de crear outra reunión, para a Xunta fundamental”.

Lorenzana detallou que a Xunta está “de maneira reiterada solicitando desde fai máis dun ano que se modifique o estatuto para as industrias electrointensivas e que existan medidas de apoio e axudas para os prezos enerxéticos”, e apuntou exemplos de países da contorna, como Portugal, Francia, Italia ou Alemaña, que “están a pór sobre a mesa por parte dos gobernos unhas axudas superpotentes para rebaixar os custos enerxéticos“. Segundo puntualizou, o prezo enerxético en Galicia ou en España “seguramente” sexa dúas ou tres veces superior, con respecto a calquera deses países.

É por iso que Lorenzana asegurou que “isto é fácil de entender”, e que cando ese custo enerxético non baixa nin hai movemento por parte do Estado, unha empresa “exponse outras localizacións, e entón ese risco existe non só para Alcoa, senón para outras empresas, como a asturiana ArcerlorMittal”. Por último, a conselleira de Economía, Industria e Innovación pediu “de novo a colaboración que este xoves pedía o presidente da Xunta ante o Goberno central, xa que por parte da Administración Autonómica non vai quedar”. “Para nós é prioritaria a industria e o emprego que está vinculado a esta industria”, proclamou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...