A plataforma Defende o Tren Ferrol-Ribadeo denuncia a falta de unidades ferroviarias para cubrir os horarios e traxectos do FEVE Ferrol-Ribadeo. Desde a plataforma sinalan que segue sen haber un parque móbil de unidades estable en Ferrol e denuncian que son enviadas a Asturias e Cantabria, provocando, segundo a plataforma, que en moitos momentos non se dispoñan das unidades necesarias. Tamén denuncian supresións e una inestabilidade no mantemento, retrasos ou supresións. Os talleres de Ferrol seguen sen contar cos medios suficientes para a reparación de todo tipo de avarías e mantementos.
Denuncian tamén que moitas máquinas botan anos paradas sen reparar. Piden desfacerse do “asturcentrismo” “herdado da extinta Feve que segue a imperar nos directivos do ancho métrico”. A única “tregua que tivemos durante estes anos coas incidencias e atrasos, foi durante un periodo de un ano, que as unidades estiveron fixas e mantidas na base-taller de Ferrol”.
Sobre a información de horarios de servizos nos apeadeiros, denuncian que o teléfono de atención de Asturias, do cal non responde ninguén en moitas ocasións. Reclamamos unha app en tempo real que funcione en todos os dispositivos, é un teléfono de atención coa información necesaria, atendido en Galicia, nos horarios nos que hai servizos.
Tamén lembran o episodio “discriminatorio” perpetrado por Renfe, sucedido nos temporais de principios de novembro do 2023, no cal ante as alertas de temporal, suspendeuse o servizo ferroviario nas liñas Ferrol-Ribadeo e Ferrol-A Coruña; no cal Renfe sí concedeu transporte alternativo as persoas usuarias da liña Ferrol-Coruña, e deixou abandoadas á súa sorte as persoas da liña Ferrol-Ribadeo. Inadmisible o que sucedeu, e é inadmisible que volva a suceder.