-Por que se decidiu tomar como lema A Mariña, Galicia de corazón, cal é o seu significado?
Necesitábamos unha marca clara, potente, que evidenciara os noso caracter acolledor, a nosa personalidade, que capitalizara os recursos que cada concello aporta ao conxunto, e que amosase ao mundo os valores da Mariña, uns valores que aquí se mantéñen vivos e que representan tamén eses activos que Galicia aporta ao mundo como destino turístico.
-Como foi o proceso de elección deste novo lema?
O nome da marca A Mariña, e a elección da proposta de valor “Galicia de corazón” foron propostos polo equipo de marketing especializado en turismo e máis concretamente en marketing de destinos turísticos que colaborou coa Mancomunidade para abordar o a Estratexia e plan de marketing. Nese contexto organizáronse xornadas de encontro e validación co sector público e privado e traballouse estreitamente cos concellos para chegar ata os actuais pictogramas que identifican a cada concello e que forman tamén parte da nosa nova identidade colectiva. Foi tamén durante esta reflexión onde se puxo de manifesto a necesidade de contar cunha marca non só turística senón tamén de territorio da cal sentirnos orgullosos.
-Cal é a diferenza entre ‘A Mariña, Galicia de Corazón’ e ‘Toma o teu tempo’?
A Mariña, Galicia de corazón é a marca turística e de territorio da Mariña que nace con vocación de permanencia e liderazgo e que agardamos teña unha longa vida. Esta nova identidade será implementada en toda a nosa comunicación como destino, e agardamos que no futuro sexa tamén asumida e compartida por outros axentes públicos e privados que vexan nesta proposta un activo que aporte tamén valor ás súas propostas e produtos.
Toma o teu tempo, é unha campaña de comunicación específica baseada en valores da nosa marca como a autenticidade, Galicia e o tempo, o templo climatolóxico pero tamén nese tempo que é hoxe máis que nunca un valor tan desexado, o tempo para vivir, disfrutar, viaxar e descubrir destinos tan motivadores como o noso. Será posta en marcha a través de diferentes medios e soportes e ten por obxecto atraer a uns públicos obxectivos muy concretos que favorezan a desestacionalización e unha maior rendabilidade da actividade turística.
-Unha vez en Fitur, cales son as principais potencialidades que quere destacar a Mancomunidade de cara a potenciar os valores turísticos da comarca?
Queremos potenciar aqueles valores que nos diferencian e cos que vimos traballando xa nos últimos anos. Agora teremos un maior altavoz grazas a inxección económica que supón a execución dun Plan de Sostibilidade Turística que nos permite abordar Proxectos dun xeito máis ambicioso, e tamén no eido da comunicación. Traballaremos en base a unha estratexia de DIFERENCIACIÓN que nos permita distinguirnos, asociándonos e elementos clave como: As Catedrais-Costa Cantábrica; ás nosas vilas históricas e os pobos mariñeiros; ao icónico proxecto cultural que supón Sargadelos; á nosa gastronomía rica, diversa e auténtica; a nosa gran personalidade… é dicir, a esa enorme variedade de recursos excepcionais cos que contamos e que se asentan nesta Galicia esencial e Cantábrica que somos.
-Como valora a acollida da presentación tanto do lema como da proposta da Mariña en Fitur, primeiro dos touroperadores e logo do público en xeral?
Valoroa moi positivamente. Estamos, en xeral, a ter un excelente feedback. Desde o sector público e privado na Mariña e mesmo co público en xeral e tamén cos intermediarios e colaboradores cos que fumos falando, notamos unha moi boa acollida que se está a poñer tamén en evidencia nas nosas redes sociais… e iso que acaba de “sair do forno”.
-Que aportacións pode sacar a Mancomunidade de Fitur no sentido de axudas para fomentar o turismo e tamén recibir apoios e axudas para potencialo?
Fitur é un punto de encontro multidisciplinar no que falamos con axentes moi diversos do sector, desde outros destinos, axencias, colaboradores, etc… Tamén xurde algunha proposta de proxectos concretos que poderían resultar de interese, cousa que se valoraría posteriormente en traballo de gabinete, pero non é a tónica habitual deste tipo de foros acordar axudas ou apoios que xurden normalmente por outros cauces. Polo menos polo de agora e no caso da Mancomunidade.
-Hai interese por parte de entidades privadas en investir no turismo na comarca?
Hai un interese que vai medrando. Novas axencias traballando no territorio, motivando novos produtos, poñendo en nós os seus ollos e o que queremos e chegar a acordos de colaboración con aquelas que apostan por un modelo de produto que favoreza un turismo non masivo, senón vinculado ao noso turismo slow e que viaxe fora dos meses de maior demanda.
-O interese que esperta o turismo slow é comparable ao que esperta o de tempada estival?
O mercado turístico está moi diversificado e hoxe en día hai múltiples motivacións por viaxar. Moita xente, e cada vez máis, busca destinos que ofrezan algo auténtico e aporten valor. Apelamos a atopar a xente interesada no turismo slow. Non se trata de atopar máis xente, senón as persoas máis interesadas nun turismo respectuoso co medio e sensible co territorio.
-Cales son os puntos que espera traer de volta despois de pasar por Fitur?
De FITUR xa levo moitas cousas de volta. A recepción positiva da nova imaxe de marca que nos posiciona como un destino turístico de Galicia de primer nivel, a sintonía cos municipios nunha aposta común, a ilusión pola boa acollida da nova campaña turística Toma o teu tampo, a motivadora distinción que nos fixeron por adherirnos ao Sistema integral de calidade turística (SICTED), e un coñecemento máis fondo dun sector tan complexo de dinámico como é o turístico no que creo que A Mariña, como destino sostible, ten moitas posibilidades de crecer.