InicioEconomíaBasilio Otero descarta "de momento" que a pesca realice algún paro

Basilio Otero descarta “de momento” que a pesca realice algún paro

O próximo 19 de febreiro a Federación Nacional de Confrarías ten previsto realizar un encontro para avaliar a actual situación e, "a partir de aí, decidirase que rumbo tomar".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, descarta “de momento” que o sector realicen un paro, xa que suporía “empezar a casa polo tellado”.

Nunha entrevista coa Radio Galega, que recolle Europa Press, o tamén patrón maior de Burela e presidente das confrarías da provincia de Lugo explica que deben “facer outras cousas antes de chegar ao paro” e débese empezar a casa “polos cimentos”, aínda que deixa a porta aberta a futuras protestas.

Nun contexto de mobilizacións de gandeiros e agricultores por toda España, Otero expón que deben “pór encima da mesa” e “acordar” con eles unhas reivindicacións. O próximo 19 de febreiro a Federación Nacional de Confrarías ten previsto realizar un encontro para avaliar a actual situación e, “a partir de aí, decidirase que rumbo tomar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...