InicioEconomíaAlcoa contará con outros dous parques eólicos máis a maiores da decena...

Alcoa contará con outros dous parques eólicos máis a maiores da decena que xa teñen permisos de construción

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informa de que a Xunta lles trasladou que prevé concluír proximamente a tramitación de dous parques eólicos máis despois. Seguen á espera por parte do Goberno central da aprobación do permiso de construción dos cinco parques de Endesa e da poxa dos nós de interconexión dos parques eólicos de Greenalia.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao informa de que a Xunta lles trasladou que prevé concluír proximamente a tramitación de dous parques eólicos máis despois de conceder a unha decena de parques permisos de construción para dotar de enerxía ao complexo da Mariña. Nun comunicado este xoves, o comité explica que mantiveron un encontro co secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, e co director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, no que lles explicaron o estado de tramitación de parques.

Así, indican que lles trasladaron documentación sobre a tramitación de parques e unha guía técnica da aprobación conxunta dos mesmos. “Os de carácter autonómico atópanse todos con DIA (Declaración de Impacto Ambiental) e autorizados para construción, salvo dous, que un terá a autorización para construción en semanas e o outro antes de tres meses”, explica o comité.

Mentres, o comité quéixase de que seguen á espera por parte do Goberno central da aprobación do permiso de construción dos cinco parques de Endesa e da poxa dos nós de interconexión dos parques eólicos de Greenalia. “En total o 45 % da enerxía en carga basee que necesitamos”, relata.

Respecto da ampliación da balsa de lodos, o comité indica que Alcoa enviou o 6 de febreiro a documentación solicitada, polo que “saúde pública está a revisar dita documentación” e “despois pasaría á Consellería de Medio Ambiente”. “Son conscientes da urxencia e contan tela revisada en días ou unha semana”, agregan os representantes dos traballadores. Todo iso despois de que a fábrica de Alcoa en San Cibrao, municipio de Cervo, volvese producir aluminio primario o pasado mércores despois de dous anos, no marco dun proceso de rearranque de forma gradual das súas cubas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...