InicioEconomíaAlcoa propón botar a dous terzos do persoal e manter as fundicións...

Alcoa propón botar a dous terzos do persoal e manter as fundicións ata o 30 de xuño

A multinacional ofrece manter a actividade e a planta de pasta coruñesa con 200 operarios e unha data límite para atopar comprador

Publicada o

- Advertisement -

Segundo recolle Galicia Confidencial, a multinacional do aluminio Alcoa propuxo na mañá deste xoves, tras retomar as conversas cos sindicatos, despedir a dous terzos dos cadros de persoal da Coruña e Avilés o 15 de xaneiro.

A proposta da empresa contempla manter as fundicións das dúas fábricas -das que dependen 686 empregos directos, 369 na Coruña e 317 en Avilés, e uns 2.000 indirectos- e a torre de pasta coruñesa con aproximadamente 200 traballadores.

Como condición para manter a actividade, Alcoa esixe aos comités de empresa “un cese ordenado das cubas” para poder rearrincalas no caso de haber un comprador antes do 30 de xuño.

O procedemento comezaría un mes despois da conclusión do período de consultas do ERE extintivo, que expira ese mesmo día 15.

PLAN SOCIAL

Como plan social, Alcoa ofrece prexubilacións, recolocacións externas e a mellora das indemnizacións, mientras que aplicaría aos temporeiros a mesma compensación acordada.

OS SINDICATOS: “É INTOLERABLE”

Os sindicatos, que continuarán as negociacións coa empresa ao longo da tarde, valoraron a proposición da multinacional norteamericana como “intolerable” e pediron aos operarios que non fagan caso doutra canle de comunicación “que non sexan os comités de empresa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...