InicioEconomíaA Xunta axudará con 16 millóns a pemes e barcos que invistan...

A Xunta axudará con 16 millóns a pemes e barcos que invistan en sustentabilidade ambiental

Destinará 15 millóns ás empresas transformadoras de produtos do mar e outro aos barcos que se axeiten para unha pesca respectuosa co medio

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia destinará 15 millóns de euros para subvencionar ata o 50% dos investimentos que fagan as pequenas e medianas empresas (pemes) de transformación de produtos do mar que fomenten a sustentabilidade ambiental.

As axudas teñen como obxectivo apoiar investimentos de pemes que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, que melloren a seguridade, a hixiene e as condicións de traballo, entre outros aspectos.

Ademais, son obxecto de subvención aquelas actuacións relacionadas coa transformación de produtos de acuicultura ecolóxica, así como as que dean lugar a novos e mellores produtos, procesos e sistemas de xestión e organización, entre outros.

as empresas transformadoras de produtos do mar poderán recibir ata un 50% do custo das melloras

ANUALIDADES 2019 E 2020

O Goberno galego cofinancia estas achegas xunto co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (Femp). Dos 15 millóns previstos, 5,7 millóns de euros serán para a anualidade 2019 e a cantidade restante, nove millóns, para o exercicio do 2020.

SOLICITUDES

As persoas interesadas en acceder a estas axudas poden consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), onde se especifica o prazo de presentación de solicitudes, que remata o vindeiro 28 de xaneiro.

EMBARCACIÓNS

Por outra banda, os propietarios de buques pesqueiros galegos poderán beneficiarse dun millón de euros en axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable.

Son obxecto destas achegas os investimentos para limitar o impacto da pesca no medio mariño, as actuacións que melloren as condicións de traballo, hixiene e seguridade dos buques e aquelas relacionadas coa eficiencia enerxética.

Outros investimentos obxecto de axuda son aqueles que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas.

as subvencións servirán para modernizar buques, mellorar a hixiene ou dotalos de dispositivos contra lumes

Así, entran dentro da posibilidade de recibir subvencións a modernización de buques, a subministración e instalación de hélices de manobra e a reforma das estruturas de abrigo na cuberta.

Tamén equipamentos para os buques como dispositivos de salvamento e loita contra lumes, traxes de supervivencia, equipamentos de navegación ou adaptacións en instalacións dos buques para mellorar as condicións hixiénicas.

CONVOCATORIA POR PUBLICAR

Neste caso, o DOG publicará a orde da convocatoria de axudas nos vindeiros días. Desde aquela, o prazo de solicitude das subvencións será dun mes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...