A comisión negociadora do expediente de regulación de emprego de Alcoa asegurou que o Goberno conta coas ferramentas “necesarias” para realizar unha intervención “inmediata” e solucionar o conflito do ERE de extinción presentado pola multinacional do alumino para as súas plantas da Coruña e Avilés.
“Poden intervir, pero están a esperar a que nós teñamos un acordo“, declarou o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa en Avilés, José Manuel Gómez de la Uz.
Nesta liña, o sindicalista engadiu que un acordo “só serve para pechar empresas” e que os sindicatos solicitan que os 686 empregados das dúas factorías poidan seguir traballando.
“Alcoa, se quere marchar, que poña o diñeiro e que sexa o Goberno quen busque un investidor“, defendeu Gómez de la Uz.
Á súa vez, o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, defendeu que o Executivo conta “co apoio político necesario a nivel nacional” para lograr a continuidade das plantas da Coruña e Avilés.
O PRAZO EXPIRA ESTE MARTES
Este martes expira o período de consultas do ERE e ao longo do día sucederanse as conversas entre as tres partes.
Podes consultar a nova completa en Galicia Confidencial.