InicioEconomíaPaleo quere que o comercio da Mariña teña "unha única voz"

Paleo quere que o comercio da Mariña teña “unha única voz”

O empresario focego é o novo presidente da federación de comerciantes da bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

O focego José Carlos Paleo, máximo responsable da Acia de Foz, é o novo presidente da Federación de Comercio de A Mariña (FCAM). A nova directiva da agrupación de comerciantes presentou no Cenima o seu plan de traballo para os vindeiros anos.

Paleo resaltou que o obxectivo é “ter unha única voz. Se facemos a vida diaria en equipo somos mellores”, asegurou. O novo presidente da FCAM tamén aludiu aos desafíos que supón a nova era dixital. “Temos que concienciarnos de que hai que axudar ao veciño, ao negocio que abre nos nosos pobos e localidades”.

“hai que axudar ao negocio que abre”, resaltou o novo presidente

O novo dirixente, que substitúe a Ángel Iglesias, estará acompañado de Pablo Palou, que será o vicepresidente; Francisco Iriarte, exercerá de secretario; Víctor Valenzuela, de tesoureiro; e Domingo González, Juan Carlos López e Domingo Expósito serán os vogais.

MIL SOCIOS E 850 ESTABLECEMENTOS

A federación de comerciantes aglutina a mil socios e 850 establecementos asociados, procedentes dos colectivos de empresarios de O Vicedo, Covas, Viveiro, Xove, Burela, Foz, Lourenzá e Ribadeo.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, resaltou que “o comercio e a hostalería da Mariña souberon darnos hai cinco anos unha lección de unidade e de disposición para superar os localismos”.

Asistentes á presentación da nova directiva da FCAM. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, ofreceu a colaboración da entidade que preside e resaltou o valor do comercio local. “Para min é fundamental e temos que buscar o xeito de que sexa atractivo e de que a xente se quede a vivir aquí”, argumentou.

Pola súa banda, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, destacou a “visión moderna” da federación de comerciantes, que aprendeu “dos erros gravísimos que se cometeron nesta comarca”.

O acto contou coa presenza do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, da xefa de turismo na provincia, Paloma Vázquez, do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, de responsables das Acias que forman parte da federación, de representantes de ABanca e Banco Sabadell.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...