Alcoa prevé que as medidas de reestruturación expostas nas súas plantas de Avilés e A Coruña permitirán á multinacional incrementar o seu beneficio neto nunha pinza de entre 70 e 80 millóns de dólares anuais (61,4 e 70,2 millóns de euros) a partir do terceiro trimestre do exercicio 2019, segundo indicou a compañía estadounidense.
Sobre o preacordo adoptado cos sindicatos o pasado mércores e que deberán refrendar os traballadores, o conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey, asegurou que “é moi positivo e que se o persoal non estivese de acordo co programa segundo o establecido, entón temos 15 días para decidir como reaccionamos ante esa decisión”, engadiu, sen anticipar cal sería a decisión.
Tanto a CIG na Coruña como os traballadores de Alcoa San Cibrao, planta á que o preacordo afectaría con prexubilacións para reubicar 106 obreiros da Coruña e Avilés, mostráronse en desacordo coa proposta.
GAÑA UN 4,6% MÁIS NO 2018
Alcoa obtivo un beneficio neto atribuído de 227 millóns de dólares (199 millóns de euros) no conxunto do exercicio 2018, cifra que representa un incremento do 4,6% en relación ao resultado do pasado exercicio, segundo informou a compañía.
Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.