A pescada do pincho de Celeiro faise oco en Santiago e Xixón

A presenza do produto nas xornadas gastronómicas de Oca Hoteles dará a coñecer Viveiro

Presentación das xornadas en Asturias. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

A merluza do pincho de Celeiro protagonizará na vindeira semana dúas xornadas gastronómicas -unha en Santiago de Compostela, outra en Xixón– que organiza o grupo Oca Hoteles. A presenza do produto nos dous eventos, cociñado en diversas receitas, servirá tamén para dar a coñecer o potencial turístico do Concello de Viveiro.

O grupo hostaleiro, dirixido por Ramón Braña, a sociedade de armadores Puerto de Celeiro e o goberno local traballaron en conxunto para que nos dous foros podan lucir tanto a calidade da pescada celeiresa coma os encantos que o municipio ofrece ao turista. Unha representación encabezada pola alcaldesa, María Loureiro; Jesús Fernández, edil de mar; e Marisol Rey, concelleira de turismo, acudiu ás presentacións das xornadas.

DISTINTIVOS DE CALIDADE

A rexedora fixo un percorrido polos distintivos de calidade e premios que colleitou a pescada do pincho de Celeiro, entre eles a certificación medioambiental Friend of The Sea para toda a flota do palangre. “Coa organización destas xornadas queremos promover este produto e dar a coñecer Viveiro, un municipio con numerosos recursos naturais e patrimoniais”, asegurou Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here