IniciosociedadeRiotorto concede a licenza de obra para o parque eólico A Pastoriza

Riotorto concede a licenza de obra para o parque eólico A Pastoriza

O Concello prevé recadar co proxecto uns 765.000 euros, o 4,5% do investido por Norvento no municipio riotortense

Publicada o

- Advertisement -

A xunta de goberno de Riotorto concedeu a licenza de obra para o proxecto de parque eólico A Pastoriza, que a empresa Norvento proxecta nos municipios riotortense, pastoricense e en Mondoñedo.

Nove dos once aeroxeneradores dos que consta o proxecto, autorizado pola Xunta de Galicia en novembro do 2016 e declarado de utilidade pública polo Goberno galego no pasado mes de setembro, ubicaranse no municipio riotortense, nas zonas da Cruz da Cancela e de Santalla ata a localidade pastoricense de Bretoña.

A potencia total do parque será de 33 megavatios, e os once muíños xerarán unha produción anual de enerxía de máis de 123.000 megavatios por hora, segundo a previsión da firma.

No permiso concedido polo goberno local estipúlase que as obras deberán realizarse sen prexuízo de terceiros, salvo os dereitos de propiedade e de conformidade co sinalado na documentación presentada ao Concello.

As actuacións deberán iniciarse nun prazo máximo de tres meses e finalizarse nun prazo máximo de dous anos, a contar desde o día seguinte da notificación do acordo.

PAGO DO ICIO

A licenza municipal impón un pago de 681.963,24 euros en concepto do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), ademais de 85.245,41 euros en concepto de Taxa por Licenzas Urbanísticas.

O alcalde de Riotorto, o popular Clemente Iglesias, explica que o municipio agarda recadar deste xeito “o 4,5% do orzamentado por Norvento no noso concello, que ascende a 17 millóns de euros”.

Ademais, Norvento deberá depositar unha fianza de 90.000 euros para garantir o mantemento e conservación das vías municipais afectadas polo parque eólico.

TERREOS

Segundo explicou o rexedor, a empresa “avanza na adquisición de terreos“. A Xunta convocou ao longo deste mes aos titulares dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa cos que non se chegou a un acordo, para o levantamento das actas previas á ocupación.

A PASTORIZA TAMÉN AUTORIZA AS OBRAS

Outro dos tres concellos afectados polo proxecto, o da Pastoriza, tamén aprobou o permiso de obra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...